HomeCulturaEspectáculo de maxia en Pantón

Espectáculo de maxia en Pantón

O sábado 30 de xuño ás 22:30 horas na Praza do Concello de Pantón actuará o Mago Carlos.

Publicado o

- Advertisement -

A actividade lúdica, enmarcada no Ciclo de Cultura no Camiño e financiada polo AGADIC e o Concello de Pantón, está orientada para todos os públicos pero en maior medida ó adulto. Nel, os asistentes terán a oportunidade de gozar do espectáculo e de vivir un momento de interacción co ilusionista mediante o humor, vacile simpático e sabedoría popular.

Durante o tempo que dura a actuación, a maxia no escenario estará combinada con xogos e números de maxia de salón como desaparicións, escapismo, mentalismo, adiviñación e ilusións ópticas entre outros. Un ilusionismo técnico sinxelo e directo cargado de diversión e retranca.

Javier, técnico de cultura do Concello de Pantón, trasládanos que se chove esa noite non hai escusa para ir ver o espectáculo pois farase na parte cuberta exterior do edificio multiusos do Concello.

Mago Carlos/Hermanager Producións

quen é o mago carlos?

O seu nome artístico é Mago Carlos aínda que en Rubián coñéceno en confianza como “o Carlos da Belén”. É un mago que sorprende pola simpatía e o sentido do humor. É ese veciño coñecido e aprezado por todos que ten sempre un conto para sacar un sorriso e como forma de ser, a retranca. Leva máis de 10 anos facendo maxia por Galicia de forma profesional en eventos, salas de teatro e auditorios. Un traballo sinxelo pero que dende o primeiro momento conecta á perfección co público.

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...