InicioCulturaOswaldo Digón: “Todos levamos un narrador dentro con centos de historias tabernarias”

Oswaldo Digón: “Todos levamos un narrador dentro con centos de historias tabernarias”

Será a cara do Sarria Sorrí esta semana, o evento cultural que trae a grandes estrelas do stand-up comedy para dinamizar a cultura e economía da comarca sarriá.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O monologuista coruñés, orixinario de Becerreá, actuará este 15 de agosto ás 22:30 h. no local de Sarria O Meigallo. O acceso será de balde pero a partir de reserva previa de invitación. Digón é un cómico recoñecido a nivel nacional, pasou polo espectáculo “Las Noches de El Club de La Comedia”, participou en programas da Televisión de Galicia e este verán está levando os seus monólogos por todo o territorio galego.

En Sarria Sorrí presenta Diálogos en 3D, un espectáculo dunha hora de duración no que reflexiona sobre temas transcendentais na súa vida e na de calquera: as cousas que “fan bola”, o fracaso e, sobre todo, o medo. Falamos con Oswaldo.

“Todos levamos un narrador dentro con centos de historias tabernarias que despregamos á mínima de cambio”

De  onde  che  vén o talento para contar?

En primeiro lugar, grazas polo de “talento”. O gusto de contar venme desde neno, encantábanme as historias que me contaban ou que lía. Despois contáballas ó que me quixese escoitar. Todos levamos un narrador dentro con centos de historias tabernarias que despregamos á mínima de cambio, ás veces aínda que a persoa que escoita non lle apeteza … No meu caso teño a sorte de que se lles apetece escoitar as miñas.

Que valor diferencial  cres que  teñen vos narradores e narradoras  galegos/ as?

Os narradores e narradoras galegas empapámonos dunha contorna marabillosa. O mundo rural, a retranca, a sociedade galega, o idioma tan rico que nos proporciona precisión para expresar o que queremos… Centos de estímulos para mostrar a realidade e a ficción que nos rodea. Cada espazo ten as súas pero… a nosa é a mellor. 

Como referentes galegos Carlos Blanco e Quico  Cadaval e fóra de Galicia Quico  Cadaval e Carlos Blanco

Que referentes destacarías non mundo dá narración oral, de Galicia e/ ou de  fóra?

Como referentes galegos Carlos Blanco e Quico  Cadaval e fóra de Galicia Quico  Cadaval e Carlos Blanco. 

En que  aproveitaches o tempo  na  corentena e como estás  levando este ano de pandemia no profesional?

Estiven a preparar un espectáculo, que acabamos de estrear o pasado sábado día 8, con Carlos Blanco. Traballábamos e repasábamos texto  Online todolos días. O espectáculo chámase  QUEN  DIXO  MEDO! e aínda que a idea tiñámola antes da pandemia o proceso de creación foi  durante o confinamento. As actuacións en directo, aínda que sexan totalmente seguras, aínda se están levando con precaución e son contadas as veces que subo a un escenario neste ano. Por iso cando o fago é vou coa intención suprema de pasalo ben e de que a xente que veña verme disfrute moitísimo. 

Que che inspira  á hora de elaborar os textos que interpretas?  Escribiches algo sobre a situación actual?

A realidade apaixóname. Unha cousa é como vexa eu as cousas e outra é como a vexan os demais. Ese punto intermedio entre os distintos puntos de vista é o que se achega, aínda que sexa minimamente,  á realidade. Traballar ese proceso entusiásmame. En canto á segunda pregunta. No texto de  “QUEN  DIXO  MEDO!” falamos do tema aínda que non é o fío condutor. Polo que a miña reposta é  que si, escribín sobre iso. 

“Sempre que me subo a un escenario mostro algo da miña forma de ser e de ver as cousas”

Cartel de Oswaldo Digón para o “Sarria Sorrí”

Avánzanos algo do espectáculo deste sábado en Sarria.

Sempre que me subo a un escenario mostro algo da miña forma de ser e de ver as cousas. Non me gustan “os Tristes”. O meu pai para min é un pozo de sabedoría terreal e honesta que coñeceredes en Sarria… e unhas cantas cousas máis. O que quero mostrar é como son e o que espero desta sociedade, na que aínda teño esperanza.  Fágoo con humor,  non se rezar doutra forma.

ÚLTIMAS

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...

24 anos da Mostra do Aceite de Quiroga

Esta feira gastronómica, a única da provincia nesta categoría contou esta fin de semana...