HomePolíticaSober estrea asfalto á par que celebra unha festa acuática

Sober estrea asfalto á par que celebra unha festa acuática

Publicado o

- Advertisement -

O martes 17 de xullo Sober ten a axenda completa.

Por unha banda, na estrada que conduce dende o núcleo urbano soberino a Doade -vía fundamental para os veciños e turistas da Ribeira Sacra- leváronse a cabo traballos de limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, renovación da sinalización horizontal e vertical, e repintado. Estes traballos, que abrangueron 4.46 quilómetros, foron financiados pola Deputación de Lugo con investimento total de 230.000 euros. Dende o goberno provincial destacan que “esta actuación beneficia tanto ós 2.300 veciños da localidade a máis dos milleiros de turistas que empregan esta estrada para acceder ós miradoiros do Canón do Sil e ás adegas. É unha das principais vías de comunicación da Ribeira Sacra e tamén unha das máis transitadas durantes as fins de semana, sobre todo na época estival”.

Estrada Sober-Doade/Deputación de Lugo

E pola outra, dende as 13:00 horas ata as 21:00, o concello soberino celebrará unha festa acuática con inchables no recinto das piscinas municipais. Esta é a primeira do verán onde os asistentes, por 2.50 euros os adultos e 1.50 euros os menores de 6 a 14 anos, poderán gozar dunha xornada de lecer nun día que se presume abafante. Dende a organización tamén lembran que as instalacións están dotadas de conexión wiffi gratuíta para que todos aqueles que desexen pasar a xornada no recinto e non se queiran mollar, poidan realizar outras actividades de entretemento.

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...