HomeCulturaOlga Novo, o orgullo da Pobra do Brollón

Olga Novo, o orgullo da Pobra do Brollón

A poeta vén de gañar o Premio Nacional de Poesía 2020 coa obra "Feliz Idade".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado elixiu esta obra “por tratarse dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo. “O libro é unha criatura viva que relaciona a maternidade e a morte cunha profunda presenza crítica da memoria histórica”, engadiu.

Olga Novo naceu no ano 1975, é orixinaria de Vilarmao, parroquia de Castroncelos na Pobra do Brollón,  é está doutorada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.

Voz destacada da poesía contemporánea en galego, é autora dunha obra entroncada con propostas radicais surrealistas e libertarias, marcada ademais por un profundo vitalismo telúrico, o feminismo, a memoria agraria e o erotismo.

Podedes ampliar información no diario dixital Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...