HomeCulturaUn libro para Triacastela, Refugio Real

Un libro para Triacastela, Refugio Real

"Triacastela, Refugio Real", presentábase este sábado, trátase dunha obra profusamente ilustrada, percorre a historia do Concello desde a prehistoria, indaga nas súas descoñecidas orixes e mostra a variada oferta cultural e turística que ofrece.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, presidiu este sábado pola tarde a presentación do volume ‘Triacastela, Refugio Real’, financiado con cargo ao Plan Único do ano 2020 da Deputación Provincial de Lugo.

No acto, que se celebrou no Concello, participaron tamén o autor do libro, José M. Salgado, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz.

O libro, profusamente ilustrado, percorre a historia do  Concello desde a prehistoria, indaga nas súas descoñecidas orixes e mostra a variada oferta cultural e turística que ofrece. O resultado é unha obra que presenta un completo relato da Historia e do patrimonio cultural, histórico-artístico e humano do municipio de Triacastela.

O traballo recompila e apóiase na información de investigacións previas, pero achega novos datos históricos, como, por exemplo, a coexistencia de dous concellos durante a Idade Media, un na parroquia de  Vilavella (que é a Triacastela que menciona o  Códice  Calixtino) e outro na Puebla de Triacastela (a actual capital, fundada por Alfonso IX). 

A edición inclúe un cento de páxinas e máis de 150 fotografías. Imprimíronse 1.000 exemplares. O Goberno local ten previsto entregar un exemplar por domicilio de aquí a finais de ano, ademais de pasar a formar parte dos agasallos institucionais cos que conta o Concello. Tras a presentación do libro houbo un concerto do grupo A Quenlla promovido polo Xacobeo 2021 e a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés en colaboración co Concello de Triacastela.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...