HomeCulturaEspectáculo Clown este sábado no auditorio municipal de Quiroga

Espectáculo Clown este sábado no auditorio municipal de Quiroga

Este sábado, día 19, o Auditorio Municipal acollerá o espectáculo de Clown “Quimera”, a cargo do actor valdeorrés Gabriel Prada. Trátase da primeira actividade aberta ao público que o Concello de Quiroga organiza dende o pasado mes de outubro, cando decidiu interromper todas as actividades que supuxesen a concentración de persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Quimera” é un espectáculo dirixido a todos os públicos, trátase dunha viaxe onírica que, a través da fantasía, achega ao espectador a un mundo de ilusión. Un tránsito entre o real e o imaxinario que anima ao personaxe a alcanzar eses soños ocultos que sempre tivo por inalcanzables.

Gabriel Prada é un actor valdeorrés que comezou a súa andaina interpretativa formando parte da Compañía de teatro amateur Gargallada teatro realizando diferentes espectáculos. Destacou no traballo que fixo na obra de teatro “A abraiante vida de Braian” no papel de Braian, facendo a partires deste momento espectáculos unipersoais como por exemplo “A última cinta de Krapp” de Samuel Beckett.

Nesta época coñeceu ao actor galego Paco González, membro da Compañía alemá Familie Floez, co que fixo un curso de formación de clown. O seu “feeling” xermolou na idea de crear o espectáculo “Quimera“, show que tivo na dirección a Paco González. Desde o 2013- ata hoxe, a obra percorreu festivais internacionais e diferentes circuítos galegos.Esta actividade, patrocinada integramente polo Concello de Quiroga, desenvolverase no Auditorio Municipal ás 18:00h sendo, coma sempre, gratuíta.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...