HomeCulturaAforo completo no primeiro evento do 'anovado' Ateneo Casino de Monforte

Aforo completo no primeiro evento do ‘anovado’ Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro sábado 16 de xaneiro bota a andar a programación de actividades desta entidade cultural. Farao cun concerto de contrabaixo e voz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lorena do Val e Gonzalo Herrero, docentes da Escola de Música Moderna de Monforte, ofrecerán o primeiro concerto desta nova etapa do Ateneo Casino e farano cun repertorio variado de músicas do mundo.  

A actuación terá lugar no salón de xogos do Ateneo baixo o formato de café-concerto e haberá servizo de bar. A entrada é de balde e previa reserva, pero informan da xerencia que o aforo permitido para cumprir coas medidas sanitarias está xa cuberto.

OUTRAS ACTIVIDADES EN AXENDA

Para o que resta do mes de xaneiro hai outras actividades.

O venres 22, haberá sesión de narración oral co espectáculo Costureiras de Tarabela Creativa, e o último venres do mes, terá lugar unha proxección e performance arredor da longa documental Dorothé na vila.

As reservas fanse no teléfono 648 435 033, mediante WhatsApp.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...