HomeCulturaJesucristo Superstar no Círculo Saviñao

Jesucristo Superstar no Círculo Saviñao

O Dúo Caifás vén de actuar no Círculo Saviñao para ofrecer ós socios a súa versión do Jesucristo Superstar de Camilo Sesto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antonio José Iglesias Zurita, madrileño/escaironés habitual neste concello na súa infancia durante moitos anos, estivo acompañado de Gilberto Aubán Sendra.

Chegaron desde Valencia para celebrar no Saviñao e Galicia o X
aniversario deste musical de salón
con actuacións no Círculo Saviñao,
Liceo de Ourense, Bonus Track de Vigo, Escola do Bo Sentir de Matamá e A
Arca de Noé de Vilar de Santos.

O concerto desenvolveuse con todas as medidas de seguridade antipandemia e, a pesares de estar aínda en marzo, abriuse o xardín de verán para acoller o concerto nun espazo aberto e ventilado, que entusiasmou igualmente ó público presente. 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...