HomeCulturaBóveda celebra as Letras Galegas

Bóveda celebra as Letras Galegas

O Concello de Bóveda celebra as Letras Galegas cunha actividade de homenaxe a Xela Arias para a que agradece a participación da veciñanza enviando vídeos ata o 20 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para participar nesta iniciativa do concello hai que gravarse recitando un texto da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas cunha duración máxima dun minuto e enviala a cultura@concellodeboveda.com xunto cos datos de contacto.

A actividade estará aberta ata o 20 de maio. Todos os vídeos serán subidos ao Facebook do Concello de Bóveda. As persoas participantes recibirán un agasallo da Biblioteca Pública Municipal.

A programación do concello de Bóveda polo día das Letras Galegas complétase coa mostra ‘Asinamos ser libres’ no Centro Sociocultural que pode ser visitada de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00, os martes de 18.00 a 20.00 e os mércores de 16.30 a 18.30. E cunha actividade infantil o día 13 no centro sociocultural. En horario de mañá desenvolverase o programa Ler conta moito co título “Estas cartas teñen moito conto. Xogando con Xela Arias.”

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...