HomeCultura“Xela Arias, Poeta nas marxes” o día 18 de xuño en Monforte

“Xela Arias, Poeta nas marxes” o día 18 de xuño en Monforte

O Concello de Monforte e a Secretaría Xeral de Política Lingüística programa para o venres 18 de xuño ás 20:00 h no salón de actos da Casa de Cultura Poeta Lois Pereiro, dentro dos actos das Letras Galegas 2021, a proxección do documental titulado “Xela Arias, Poeta nas marxes”, documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra dunha “francotiradora das letras”, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

A proxección é con entrada gratuíta e vai dirixida a todos os públicos desde os 12 anos de idade. O aforo do salón é limitado debido á actual situación sanitaria, polo que haberá reserva previa e por orde de inscrición de entradas, que se poderá levar a cabo enviando un correo electrónico a cultura@concellodemonforte.com e chamando ó 982 402 501, ata completar a capacidade do local.

Do mesmo xeito, debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica para a desinfección de mans, dispoñible á entrada do salón.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...