HomeCulturaDo 17 ao 19 de setembro a música e a cultura protagonistas...

Do 17 ao 19 de setembro a música e a cultura protagonistas en Sober

Para os concertos de Luar na Lubre, A Roda e Os Satélites é necesario reservar entrada na Oficina Municipal de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sober desenvolve unha ampla programación cultural para a segunda quenda do mes de setembro. O 17 de setembro a partir das 22.00 horas actuará na praza do concello, Luar na Lubre.

O 18 de setembro contarase ás 11.30 cun concerto na praza do concello da Asociación cultural O Castro e nesa mesma xornada ás 19.00 na praza do Toural haberá unha cita de narración oral con Asdomare. A xornada do día 18 completarase coa actuación de música folk do Fiadeiro, ás 9.00 na praza do concello e ás 22.00 no mesmo escenario actuará A Roda.

Xa o día 19 ás 11.30 actuará na praza do concello a Banda de Música de Sober. Ás 19.00 na praza do Toural contarase co concerto singular de Piscore e ás 22.00 actuará na praza do concello a orquestra Os Satélites.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...