Houbo unha primeira fase de clasificación o día 4 de novembro mediante unha competición en liña entre todos os grupos dos colexios interesados. Os Escolapios estableceu un grupo de traballo de 13 alumnos/as de 2º de ESO que traballaron de xeito voluntario fóra do horario escolar.
A final disputouse de xeito presencial o día 10 na Cidade da Cultura de Santiago, podendo asistir dous alumnos representantes de cada colexio. Os alumnos seleccionados no centro monfortino foron David Vila Miranda e Silvia López Escrich.
Os contidos traballados por este grupo integraranse ao proxecto que se desenvolverá, como cada ano no 2º trimestre sobre o manexo responsable de Internet, dentro da materia de tecnoloxía de 2º de ESO.