Premios de Poeía de Nadal do concello de Monforte

Os premios foron fallados polo xurado o pasado martes 11 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Premios poesía de Nadal 2021 / concello de Monforte

Os premiados nas súas distintas categorías foron:

Categoría A: Ata 8 anos

  • Primeiro Premio: Víctor Delgado Feijoo, 6 anos, CEIP Novo.
  • Segundo Premio: Carlos Alberto Martínez López, 6 anos, CEIP Novo.
  • Terceiro Premio: Martina Rodríguez López, 8 anos. Colexio Ferroviario.

Accesits:

  • Dayma Pino Valcárcel, 8 anos, Colexio Ferroviario.
  • Concédese un premio á clase de 1º A de 6 anos do Colexio Novo que fixeron un poema en común.

Categoría B: De 9 a 12 anos

  • Primeiro Premio: Sara Domínguez Rodríguez, 11 anos, CEIP A Gándara.
  • Segundo Premio: Adrián Valdés Quiroga, 9 anos, Colexio Ferroviario.
  • Terceiro Premio: Zaira Valdés Lamas e Sara Rodríguez Cid, 11 anos, Colexio Escolapios.

Accesits:

  • Mathias Ringewald Rainer, 11 anos, Colexio CEIP A Gándara.
  • Laura López López, 10 anos, CEIP A Gándara.
  • Sara Pérez Pallín, 10 anos, Colexio Escolapios.

Categoría C: De 12 a 16 anos

  • Primeiro Premio: Rodrigo Cota Pérez, 12 anos, IES A Pinguela.
  • Segundo Premio: Jimena García Varela, 13 anos, Colexio Ferroviario.
  • Terceiro Premio: Chymae Yausfi, 13 anos, Colexio Ferroviario.

O Alcalde agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ó longo do ano.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here