HomeCulturaO Folión de Carros 2022 presenta o seu cartel

O Folión de Carros 2022 presenta o seu cartel

A Praza do Mercado de Chantada acollía este luns, 27 de xuño, pola mañá, a presentación do cartel desta edición do Folión de Carros, coa presenza dos rapaces e rapazas do IES Val do Asma que deseñaron o cartel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O cartel desta edición foi feito por alumnado de 4ª da ESO do IES Val do Asma, coordinados pola profesora Lola López. Así participaron do acto ademais da coordinadira os alumnos Adrián Marius, Aroa Novoa e Yanira Vázquez.

O Presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión, Manuel Vázquez Regal, agradecu o traballo desenvolto polos rapaces e destacou “a importancia que ten para o Folión a colaboración cos centros educativos de Chantada. Estamos moi agradecidos ao IES Val do Asma, en especial á profesora Lola e aos rapaces e rapazas que dedicaron horas do seu tempo para o cartel do Folión deste ano”.

Os directivos, Víctor Fernández e Xavier Viana, entregaron ao alumnado participante un diploma conmemorativo e un agasallo en nome da Asociación Amigos do Folión. Acompañaron este acto representantes políticos da Corporación Municipal e da área de cultura da Deputación de Lugo.

Folión de carros, cartel 2022 / Asociación cultural Amigos do Folión

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...