InicioCulturaEn marcha Artelemos ata o 9 de agosto

En marcha Artelemos ata o 9 de agosto

A XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022 celébrase en Monforte de Lemos dende este venres 5 e ata o 9 de agosto na rúa Cardenal, e sendo a antesala das Festas Patronais da cidade, dentro Programa Cultural de Verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición participan 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España, que, coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de exposición e venda individuais e agrupados en 6 haimas de 25m2 cada unha, con espazo para 4 artesáns por carpa. A maiores colocarase un espazo destinado á realización de obradoiros e demostracións de oficios.

O horario durante os 5 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde, de 18 a 22 horas. O Concello destinou un orzamento de arredor de 12.000 euros para a organización desta 22ª edición de Artelemos.

Programación 22ª Mostra Artelemos 2022

Venres 5 de agosto: 

  • 10:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 11.30 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería para nenos e nenas.  Artesá: Luisa Martínez
  • 20:30 a 22:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González

Sábado 6 de agosto:      

  • 10:00 h.-Apertura de Stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas.  Artesá: Amparo Scrich
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de barro para nenos e nenas.  Artesá: Amparo Scrich

Domingo 7 de agosto: 

  • 10:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración de estampación “Cianotipia”. Artesá: Pilar Gonda
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cianotipia para nenos e nenas. Artesá: Pilar Gonda

Luns 8 de agosto:           

  • 10:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila

Martes 9 de agosto:

  • 10:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
  • 18:00 h.- Apertura de Stands de venda
  • 19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
  • 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as.  Artesá: Otilia Arias

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...