HomeCulturaO Incio lembra ao seu veciño ilustre Rubén González

O Incio lembra ao seu veciño ilustre Rubén González

A homenaxe é este domingo 7 de abril, día no que se descubrirá un monolito que o inmortalizará na Praza da Cruz do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

Rubén González, destacado palleiteiro e gaiteiro das Terras do Incio, finou en marzo de 2018 aos 93 anos de idade despois dunha intensa vida entregada á música tradicional.

Hoxe, pasado un ano da triste perda, o Concello do Incio dedícalle un acto no que se lembrará a súa figura e se descubrirá un monolito que o inmortalizará na Praza da Cruz do Incio.

O acto comezará ás 12:00 h. na mesma praza, e no transcurso do mesmo haberá varias intervencións que terán palabras de agarimo e lembranza para o homenaxeado. Entre elas, as da alcaldesa Laura Celeiro e as dos 3 fillos de Rubén González. A continuación intervirán os Gaiteiros do Incio.

Rubén González, en vida, xa recibirá a Insignia de Ouro do Incio no ano 2009 e a distinción de “Fillo Adoptivo no ano 2011”. Hai dous anos, fora tamén un dos protagonistas na homenaxe que lles fixo o concello a todos os músicos da contorna destapando unha placa conmemorativa.

rubén gonzález

Ademais de moi bo veciño e traballador que foi de Magnesitas de Rubián, destacou na súa traxectoria vital como gaiteiro e artesán palleteiro aínda que sacaba tempo tamén para dedicarlle aos oficios de zoqueiro e ferreiro. Naceu en San Xoán de Randín, Ourense, e aos dezanove anos trasaladouse a vivir a Castelo de Somoza. Dende ben pequeno sentiuse engaiolado pola música tradicional e o amor á gaita acompañaríao xa toda a vida.

Empezou tocando nun cuarteto en Noceda e xa nos anos 70 fundou o grupo de gaitas “Os Agarimos”. Segundo contan, con el andou por moitos lugares da xeografía galega e nacional -Bilbao, Asturias, León, Soria- pero eran casi fixos no entroido de Laza e as celebracións das “Danzas da Cervela”.

Cartel do grupo ‘Os Agarimos’

Destacou especialmente como palleiteiro, oficio que empezou por afección pero que lle reportou co tempo un importante prestixio. Contaba nunha entrevista que aprendeu cun gaiteiro de Entrimo e tamén con Faustino Santalices, o que fora Secretario de Gobernación e artífice da recuperación da zanfona. Foi perfeccionando os seus coñecementos con algunhas leccións e moita práctica ata ser un gran artesán deste oficio.

Na mesma entrevista recoñece ter recibido encargos de todo o mundo como, por exemplo, Cuba, Brasil, Bos Aires e principalmente as demandas viñan de Centros Galegos. No ano 2007 recibiu o premio Constantino Bellón Gaita de Ouro polo seu bo facer nesta disciplina artesanal que tan ben desenvolveu.

Rubén González. Foto: Laura Celeiro

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...