HomeDeportesO Incio, 'partidas bravas' de futbolín

O Incio, ‘partidas bravas’ de futbolín

O Concello do Incio organiza un torneo de futbolín e unha máster class o 29 de decembro. Será clasificatorio para o I Open de Futbolín Concello do Incio, competición prevista para os primeiros meses do ano 2020

Publicado o

- Advertisement -

O torneo de futbolín será clasificatorio para o I Open de Futbolín Concello do Incio, que se levará a cabo nos primeiros meses do ano 2020 e que traerá á localidade a xogadores afeccionados e de gran nivel de toda España.

A competición do día 29 está pensanda para xogadores non profesionais e poderán anotarse ese mesmo día a partir das 16:00 horas no Pavillón do Concello do Incio. Os gañadores e/ou gañadoras acadarán como premio a inscrición gratuíta no I Open de Futbolín Concello do Incio.

Neste torneo clasificatorio van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. No I Open de Futbolín tamén haberá categoría de élite.

O mesmo día do torneo haberá tamén unha máster class a cargo de Jonatan López, campión Máster Rábade 2017 e Jesús Redondo, Campión de España 2008 e Campión Máster Santander 2010.

A inscrición para o torneo clasificatorio xa está aberta, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

Cartel anunciador

O Concello do Incio, para desenvolver esta actividade, conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través do Plan Único e da empresa Lucus Recreativos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...