HomeDeportesAlejandro Losada e Laura Álvarez, campións de España de Taekwondo

Alejandro Losada e Laura Álvarez, campións de España de Taekwondo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu aos dous deportistas do Club Taekwondo Neka Monforte, Alejandro Losada (Alex Camba) e Laura Álvarez, en recoñecemento por proclamarse Campións de España de Taekwondo na modalidade de técnica, no Campionato de España de Taekwondo por seleccións autonómicas celebrado en Torrelavega (Santander) o 1 de febreiro de 2020.

Publicado o

- Advertisement -

Alejandro Losada, proclamouse Campión de España en categoría senior, mentres que Laura Álvarez se proclamou Campioa de España en categoría cadete.

Ademais o Consello Superior de Deportes vén de recoñecer a Alejandro Losada como Deportista de Alto Nivel a nivel nacional o que, ademais do recoñecemento persoal, supón o ter acceso a novas vantaxes tan a nivel económico como académico.

Tanto Alejandro como Laura estiveron a pasada fin de semana adestrando coa Selección Española de Taekwondo no Centro de Alto rendemento de Madrid, con vistas á preparación do Campionato do Mundo que se celebrará en Dinamarca.

O Alcalde entregoulles un trofeo conmemorativo e animounos a seguir competindo a este nivel e a seguir acadando éxitos que tamén o son para a cidade de Monforte.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...