InicioDeportes800 nadadores competirán o sábado día 4 na III Heroica

800 nadadores competirán o sábado día 4 na III Heroica

O entorno de Doade acollerá esta III Heroica Deputación de Lugo-Regina Viarum que se espera traia á Ribeira Sacra ao redor de 2.500 persoas

Publicado o

- Advertisement -

A actividade está xa asentada no calendario lúdico deportivo da provincia reunindo cada ano a máis xente, segundo aseguraba na presentación Eduardo Vidal, Deputado de Turismo. Nesta ocasión espéranse 800 participantes que veñen de toda España e norte de Portugal, entre eles grandes deportistas recoñecidos como Pablo da Pena ou Gómez Noya.

O evento que está patrocinado pola Deputación Provincial con 10.500 €, enmárcase  na IV Copa de España de Augas Abertas da Real Federación Española de Natación. O obxectivo, segundo apuntaba Eduardo Vidal, é promover o turismo deportivo na provincia, fomentando conxuntamente o deporte, a vida saudable, a paisaxe, a gastronomía e o viño.

Competicións e Horarios

Durante a xornada do sábado disputaranse catro probas:

  • 14.30 h. traslado dos participantes en catamarán desde o embarcadoiro ata Rabacallos a 10.000 metros, a saída oficial será ás 15.30 para facer a nado ese mesmo treito de volta  ao embarcadoiro.
  • 16.00 h. saída desde o embarcadoiro da proba de 600 metros (pensada para todos aqueles afeccionad@s á natación que desexen ser partícipes dunha xornada deportiva no medio dun ambiente lúdico)
  • 16.30 h. saída desde o embarcadoiro da proba de 5.000 metros
  • 16.45 h. saída desde o embarcadoiro da proba de 2.500 metros

Ás 20:00 h. deberán de estar tod@s @s nadadores fóra da auga para entregar os trofeos ás 20:30 h. na adega Regina Viarium (Doade).

O venres 3 de agosto desde as 18:00 h. ata as 20:00 h. e o sábado 4 de agosto dende ás 11:00 h. atas as 14:00 h. no embarcadoiro de Doade, poderase recoller o chip, o gorro e camiseta da Heroica. Media hora antes da saída de cada proba, explicarase por megafonía o discorrer de cada distancia.

A zona de aparcadoiro situarase na vila de Doade con servizo de microbuses de balde para viaxar ata o embarcadoiro onde estará prohibido aparcar para evitar colapsos. Da seguridade do evento encargaranse 30 piragüistas, 15 embarcacións a motor entre as que estará Protección Civil e o grupo de actividades Subacuáticas da Garda Civil, catamaráns en cola para uso sanitario e embarcacións rápidas.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...