HomeDeportesNoa Díaz e Ximena Prats, oitava e novena no Campionato de Europa

Noa Díaz e Ximena Prats, oitava e novena no Campionato de Europa

As palistas monfortinas veñen de rematar a competición despois de deixar o pavillón do Quixós moi alto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas dúas piragüistas, ademais de quedar entre as dez mellores de Europa no campionato celebrado en Sabero –León–, veñen de acadar o oitavo e o noveno posto competindo na categoría sénior, unha superior pois aínda son cadetes.

Moito mérito, pois, para estas dúas promesas do Club Quixós de Monforte, un club que segue formando grandes deportistas do piragüismo, traballando dende as categorías máis baixas, con constancia e moita ilusión.

E como a competición non para, xa están prácticamente cargando as piraguas para emprender camiño cara Dumbría este domingo15 de agosto, lugar onde se celebrará a IV Competición da Liga Galega Promoción Slalom 2021. Ata ese concello achegaranse 14 deportistas das categorías alevín, prebenxamín, benxamín e infantil.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...