HomeDeportesMáis de 100 xinetes en Escairón

Máis de 100 xinetes en Escairón

Este domingo 26 celébrase a XII Feira do Cabalo na capitalidade do concello do Saviñao. Este encontro anual está organizado pola Asociación Cabaleiros de Escairón.

Publicado o

- Advertisement -

A cita dominical comeza pola mañá coa apertura do recinto feiral, na contorna da Carballeira, para a continuación realizar unha ruta cabalar e a carreira de andadura. Rematadas estas actividades ten lugar un xantar que congrega a todos os participantes e serve de descanso aos xinetes, a organización ten previsto máis de cen, e tamén ás cabalerías.

Na quenda de tarde continúan as actividades, centradas no campo da Lama, lugar onde haberá carreiras de galope, unha interesante gincana e un espectáculo ecuestre. O fin da xornada será ás 19.00 h. cun sorteo entre o público asistente dun poldro, ademais de 1.000 euros.

Dende a Asociación Cabaleiros de Escairón convidan á participación tanto activa, como xinetes cos seus respectivos cabalos, como pasiva, como meros espectadores. Segundo eles, o encontro é unha boa oportunidade para achegarse e coñecer o mundo da hípica dende a proximidade nun entorno familiar e con moitas actividades lúdicas.

Esta entidade conta con máis de 50 asociados e, ademais desta feira dedicada ao cabalo, organiza outras actividades ecuestres, como por exemplo, rutas cabalares pola contorna durante o inverno.

A Deputación de Lugo é a principal patrocinadora deste evento dentro da programación de actividades de carácter lúdico en concellos da provincia. Colabora neste caso cunha achega de 5.000 euros como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo.

ÚLTIMAS

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...

A comezos do 2026 comeza a funcionar a cociña da Galiña Azul de Chantada

A Galiña Azul do Concello de Chantada forma parte desde o 2008 do Consorcio...

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...