HomeDeportesA XII carreira popular de Monforte celebrarase o día 3 de abril

A XII carreira popular de Monforte celebrarase o día 3 de abril

Tratase da edición número XII deste xa tradicional evento, logo de que a pandemia da COVID-19 obrigara a suspender a edición do ano 2020, a una semana da súa celebración, e non permitira a súa organización no ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

Tendo en conta a situación sanitaria actual, o Concello de Monforte deseñerá un protocolo específico ante o coronavirus para que o evento sexa totalmente seguro, tanto para as persoas participantes como para o público asistente, tendo en conta tanto a normativa sanitaria vixente en cada momento, como o protocolo protocolo FISICOVID – DXT GALEGO específico para probas atléticas.

Neste senso, o rexedor monfortino subliñou que “se as circunstancias sanitarias nolo permiten, celebrarémola co obxectivo de ir recuperando a normalidade no calendario de actividades anuais do Concello, despois do parón a consecuencia da pandemia da COVID-19”. Nos vindeiros días o Concello informará do inicio das inscricións, o regulamento da proba e protocolos específicos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...