HomeDeportesCatro xogadoras do CV Ribeira Sacra convocadas coa selección galega

Catro xogadoras do CV Ribeira Sacra convocadas coa selección galega

O Club de voleibol monfortino terá representación no combinado galego que xogará o Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Publicado o

- Advertisement -

O CV Ribeira Sacra anuncia que catro das súas xogadoras veñen de ser seleccionadas pola Federación Galega de Voleibol para a Selección Galega.

Trátase da infantil Mencía Suárez, e das cadetes Saray González, Sofía e Ángela Bussieres, deportistas que estarán concentradas coa Selección Galega os días 28 de febreiro e 1 de marzo na localidade da Estrada. Este será o paso previo a formar parte dos respectivos equipos que representarán a Galicia no CESA, Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

As irmáns Sofía e Ángela Bussieres. Foto: CV Ribeira Sacra.
Mencía. Foto: CV Ribeira Sacra.

Dende o propio club sinalan que as rapazas seleccionadas “teñen xa experiencia neste tipo de concentracións tendo en conta que o pasado ano xa formaron parte da selección galega nas súas respectivas categorías”. Saray e Mencía, por exemplo, xogaron no 2021 co equipo galego infantil no CESA chegando a ser subcampioas de España.

A satisfacción é inmensa no CV Ribeira Sacra por esta convocatoria e “por poder seguir achegando xogadoras ao voleibol de élite”.

ÚLTIMAS

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...