HomeDeportesQuedada de motos o 20 de marzo no Estase Cocendo

Quedada de motos o 20 de marzo no Estase Cocendo

A Ribeira Sacra continúa en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta para este domingo 20 de marzo coa quedada de motos.

A cargo do guía José Castiñeira, sairá dos Escolapios ás 10:30 horas, fará un percorrido cara a O Courel e Quiroga, localidade onde se comerá un cocido no restaurante Chapakuña 3 (o prezo da comida é de 15 euros), e, xa pola tarde, visitaranse as adegas centenarias de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón.

Para participar nesta actividade, tanto na quedada como na comida, fíxase como data límite de inscrición este xoves 17 de marzo a través dos teléfonos 982 412 050 e 639 209 908. Outras das actividades recollidas no programa son o Cocido das Meigas, para o día 26 de marzo, e as visitas guiadas por Monforte, todos os sábados do mes.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...