HomeDeportesO Club Lemos xa é campión de liga

O Club Lemos xa é campión de liga

Tras unha traxectoria espectacular nesta tempada o equipo monfortino acadou o ascenso a pasada semana e este domingo o título de liga.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo día 14 de abril, no Campo da Pinguela, o Club Lemos gañaba por 1-0 ao Pastoricense proclamándose campión de liga 2018-2019 a falta de catro xornadas por disputar.

Pero a satisfacción deportiva do ascenso matemático a Rexional Preferente chegara xa a pasada semana co seu trunfo a domicilio en Outeiro de Rei, posterior celebración na cidade e recibimento entre semana no concello como recoñecemento a esta gran tempada.

Recibimento na Casa do Concello. Foto: Prensa Monforte

José Tomé Roca, alcalde da cidade, Gloria Prada, tenente alcalde, Marina Doutón, concelleira de Cultura e Óscar Rodríguez, técnico de deportes, recibían a xogadores, xunta directiva, corpo técnico, adestrador e presidente, nun acto de homenaxe ao Clube.

O alcalde, en nome de todos os monfortinos, agradeceu o esforzo do Clube por volver a unha categoría que é a súa, e animounos a loitar a vindeira tempada para chegar á Terceira División. “Despois de moitos anos de sufrimento, xa era hora de que o Lemos nos dera unha alegría como fixestes este ano”, foron as verbas coas que os recibiu José Tomé.

O Lemos é un clube histórico, con 97 anos de historia, fundado en 1922, o clube máis antigo da provincia de Lugo, que está a piques de celebrar o seu centenario. Por iso, é tan importante o logro acadado nesta tempada.

Os xogadores, directivos e técnico foron obsequiados cun recordo conmemorativo simbolizado no monumento da Torre da Homenaxe, trofeo que recolleu tamén o Presidente en nome do Clube.

Finalmente, o Club Lemos tamén obsequiou ao Alcalde cunha camiseta conmemorativa do ascenso do equipo.

José Tomé recibindo a camiseta conmemorativa do ascenso. Foto: Prensa Monforte

ÚLTIMAS

O Parador de Monforte mellorará a comezos do 2026 as súas instalacións cun investimento 3,5M€

Paradores de Turismo acometerá unha reforma integral no histórico establecemento de Monforte de Lemos...

Ata o 15 de novembro pode visitarse na Compañía de Monforte o roadshow do INCIBE

O camión estará aberto ata o sábado 15, en horario de 9.00 a 14.00...

Monforte licita as obras de mellora do parque da rúa Doutor López Suárez

Contémplase a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se...

Seráns de cine e teatro en Quiroga

O programa Seráns de cine e teatro trouxo tamén ao Auditorio Municipal, a produción...