HomeEconomíaAdxudicadas obras de mellora na principal vía de comunicación do Saviñao

Adxudicadas obras de mellora na principal vía de comunicación do Saviñao

Cunha achega económica de 397.000 euros acondicionaranse 8 quilómetros da LU-P-4102, estrada con moito tránsito que comunica este concello con Pantón e Currelos.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a adxudicación da mellora da vía LU-P-4102 no Concello do Saviñao, entre Ferreira e Currelos, estrada que vertebra o norte e sur do municipio.

Os traballos realizaranse en preto de 8 quilómetros, contan cun orzamento de 397.000 euros e o prazo de execución será de 6 meses. Executaranse desde o punto quilométrico 14,500 ata o 22,340 e consistirán na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade viaria renovando a sinalización vertical e horizontal. As obras entre Villarreme e Córneas completan a renovación integral da estrada.

A vía de comunicación na que se vai actuar ofrece un servizo de vital importancia para o municipio e caracterízase tamén por ser moi transitada.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...