HomeEconomía‘Master Classes’ da D.O. Ribeira Sacra en Estados Unidos

‘Master Classes’ da D.O. Ribeira Sacra en Estados Unidos

As citas desenvolvéronse durante o mes de maio en Chicago, Ilinois, Los Ángeles, California, Orlando, Florida, Austin e Texas; nelas trasladóuselles aos participantes todo tipo de información sobre o territorio amparado e os seus viños.

Publicado o

- Advertisement -

Nas actividades participaron máis de 130 representantes de hoteis, restaurantes, viñotecas, cadeas de distribución, xornalistas e escritores especializados; interlocutores que puideron coñecer  información sobre a D.O. Ribeira Sacra relativa á súa historia, ao seu territorio e terreo, ás características climáticas, así como tamén os recursos, a viticultura, a vinicultura e a regulación da Denominación de Orixe.

Houbo, como non, tamén ocasión para catar os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, en concreto 8 viños, pertencentes a 7 adegas do territorio amparado:

  • 2018 S.A. T Virxe dos Remedios “837 Xuga”
  • 2017 Carlos Rodríguez “Alba Solleira”
  • 2017 Grupo Peago S.L. “Condado de Sequeiras”
  • 2017 Manuela Valdés Pérez “Tear”
  • 2014 Ronsel do Sil S.L. “Vel, uveyra”
  • 2018 Adegas de Rectoral de Amandi A.U.
  • 2014 Adegas de Rectoral de Amandi A.U. “Edición Limitada Manolo Arnoya”
  • 2017 Alma das Donas S.L. “Alma3Once”

O responsable das clases maxistrais foi David Yoshida MS, profesor nas clases sobre viño da Universidade de Yale, do grupo AvroKO en Nova Iork e actual director de viño dun dos equipos da start up Pollux Wine.

A información sobre a D.O. Ribeira Sacra e os viños catados foi publicada na web The Guild of Sommeliers e os asistentes ás actividades especializadas quedaron abraiados pola ampla e variada gama de viños que coñeceron. Valoraron, entre outras cousas, o prezo, a calidade e consistencia dos viños e a súa identidade.

Moitos dos asistentes a estas sesións destacaron, ademais da calidade, a diversidade dos caldos dependendo da rexión e amosaron especial interese por incluír os viños nas súas listas de preferencias e tamén por coñecer de primeira man o territorio e a oferta enoturística do lugar.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...