HomeEconomíaGalletas Daveiga e viño da Ribeira Sacra nas exaltacións gastronómicas de setembro

Galletas Daveiga e viño da Ribeira Sacra nas exaltacións gastronómicas de setembro

Acompañarán aos produtos protagonistas deste mes nestas xornadas culinarias que son o porco celta, os grelos, as patacas e o mel. As degustacións están organizas pola APEHL, en colaboración coa Deputación de Lugo, e rematarán en novembro.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o vicepresidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Jose Manuel Cela Rodríguez, presentaron este xoves 19 de setembro nos xardíns do Pazo de San Marcos as xornadas Exaltacións Gastronómicas… E Para Comer Lugo do mes de setembro.

Poderase gozar destas degustacións entre o día 20 e o 29 deste mes en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes introducirán nos seus menús o porco celta, grelos, patacas e mel de Galicia cociñados con diferentes estilos e acompañados de galletas Daveiga e viños da D.O. Ribeira Sacra.

Os establecementos asociados á APHEL -Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo- que participan no sur de Lugo son: Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, de Chantada; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos;  Rectoral de Castillón, de Pantón; Parrillada Casa Torres, de Quiroga e Ponte Ribeira, de Sarria.

Os obxectivos destas xornadas, que se veñen realizando cada mes dende abril e rematarán en novembro, son fomentar o turismo gastronómico dinamizando o sector servizos na provincia, poñer en valor a excelente calidade dos produtos gastronómicos de Lugo a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade -Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e Denominación de Orixe (DOP)- e desestacionalizar o consumo dos produtos como o grelo de Galicia coa fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...