Adif adxudicou por case tres millóns de euros as obras de reparación de 11 desmontes no tramo entre Monforte e Ourense –na liña de Lemos a Vigo–. Unhas obras que realizará nos concellos da Peroxa, Coles e Ourense, cun prazo de execución de 13 meses.
O contrato, que foi adxudicado a Construcións Taboada e Ramos, ten como obxectivo reforzar a seguridade e estabilidade da infraestrutura ferroviaria, e enmárcase nas obras para mellorar a conexión entre Ourense, Monforte e Lugo para tráfico de viaxeiros e mercadorías.
As actuacións realizaranse, principalmente, na banda de mantemento da liña, polo que a afectación ao servizo ferroviario de viaxeiros será mínima ou inexistente.