InicioEconomíaIncentivando o auto emprego con fórmulas participativas entre a mocidade para dinamizar...

Incentivando o auto emprego con fórmulas participativas entre a mocidade para dinamizar o rural

Daveiga Produción Responsable promove dinamizar o rural desde o autoemprego colaborativo coa posta en marcha do Programa de fomento da economía social, a innovación e o desenvolvemento sustentable na Galiza rural, que inclúe un concurso de ideas para innovar no medio rural.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto empresarial de Daveiga Produción Responsable nace no 2005, para no 2006 presentar ao mercado as Galletas Mariñeiras ou pan de barco. Desde os seus inicios, Daveiga vén sendo exemplo de desenvolvemento sustentable que dinamiza o rural.

A súa experiencia queren trasladarlla agora ao alumnado de Ciclos Medios e Superiores de FP e participantes en Mestrados Universitarios a través do “Programa de fomento da economía social, a innovación e o desenvolvemento sustentable na Galiza rural”, que veñen de poñer en marcha.

Xosé Lois Lamazares, Coordinador Xerente de Daveiga Produción Responsable, sinala que o programa, neste primeiro ano, se desenvolve en 6 centros de ensino de Galicia, “Estamos traballando co IES 12 de Outubro de Ourense, os IES de Monforte, A Pinguela, Daviña Rey e Río Cabe; o Val do Asma de Chantada e o IES Laxeiro de Lalín. O 24 de outubro temos reunión de coordinación coas universidades para definir o calendario desta categoría do concurso que convocamos como parte do programa. Todos os centros se están volcando coa iniciativa. Dentro dos obxectivos que nos marcamos estamos moi satisfeitos coa implicación de todos”.

Lamazares sinala como obxectivo do programa, promover, nesta etapa formativa, un tratamento máis integral do alumnado, “buscando a interacción entre os coñementos e as saídas profesionais e incentivando a auto-solución no eido laboral con fórmulas creativas de autoemprego de carácter colectivo e participativo. Trátase de incorporar como opción de futuro o acceso ao mercado laboral a través da economía social, aproveitando as oportunidades que ofrece o entorno máis próximo e o ámbito rural”.

Esta iniciativa pretende, tamén, divulgar para interiorizar nas futuras xeracións os principios básicos da economía social: solidariedade, igualdade, traballo en equipo, autoxestión, democracia participativa, colaboración, a primacía da persoa sobre o capital,…

Xosé Lois Lamazares impartindo o seminario / IES A Pinguela

Lamazares comenta a estrutura do programa, “Comezamos cun seminario de introducción á economía social e as súas fórmulas empresariais, expoñendo tamén a nosa propia experiencia de negocio e modo de traballar. Despois desenvólvese un obradoiro de 9 horas, divididas en 3 sesións, nas que aprender a emprender no rural desde a economía social, afondando no plan de empresa e nas ferramentas de financiamento. Complétase o programa don Cocurso de ideas e a clausura, xa no próximo ano”.

Concurso de proxectos

A terceira fase do programa é o concurso de proxectos e para participar nel é necesario ter participado no programa. Este I Concurso de ideas empresariais para o rural establece 2 categorías:

  • Proxectos de ciclos medios e superiores de FP
  • Proxectos TCM da Universidade

Cada categoría terá 3 premios de 1.000 euros, 750 euros e 500 euros. O prazo para presentar o proxectos, que deben centrarase nunha idea empresarial ou nun proxecto de desenvolvemento local susceptible de levarse a cabo no rural, remata o 30 de xuño do 2020

O programa pecharase cunha xornada, a celebrar no 2020, na que abordar as novas oportunidades xeradoras de emprego na Galiza Rural desde a perspectiva da economía social, a innovación e a economía circular. Nesta última xornada será a clausura, coa entrega de diplomas e o resultado do Concurso de ideas/proxectos.

ÚLTIMAS

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...

Sur da provincia de Lugo e Costa da Morte, a Galicia con maior porcentaxe de persoas dependentes

O 4,19% da poboación galega estaba en situación de dependencia o ano pasado, cunha...