HomeEconomíaEn marcha Prende, bota raíces no rural

En marcha Prende, bota raíces no rural

Poderán apuntarse ata o día 9 de xaneiro mozos e mozas menores de 30 anos, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e estean empadroados nos 58 concellos de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.000 e 10.000 con saldo demográfico negativo.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de abrir o prazo de inscrición no plan de emprego xuvenil para fixar poboación Prende! Bota raíces no rural. O programa está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, apuntados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados nalgún dos 58 concellos lucenses que teñan menos de 5.000 habitantes, ou entre 5.000 e 10.000 cun saldo demográfico negativo. Os interesados terán un total de 15 días hábiles para formalizar a inscrición, ata o 9 de xaneiro, e poderán facelo de forma presencial no Pazo de San Marcos ou a través da sede electrónica, https://sede.deputacionlugo.org/.

Xunto á solicitude deberán achegarse os seguintes documentos: DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso; currículo actualizado; certificado de empadroamento a data da solicitude; xustificante de inscrición no ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil; declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado; certificacións de estar ao corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo, só no caso de non autorizar a súa comprobación; certificado da conta bancaria onde conste como titular o solicitante. O prazo para resolver e notificar a selección dos beneficiairios será de seis meses, que se computarán dende a entrada da solicitude no rexistro.

Os seleccionados formarán parte dunha primeira etapa de formación, que se levará a cabo por sectores: enerxías renovables (que se impartirá na Mariña), xestión forestal (na Montaña), hostalería e turismo (Ribeira Sacra), e agricultura e gandería (zona centro). Nesta fase de aprendizaxe, os participantes comprométense á asistencia e aproveitamento da preparación recibida e haberá unha proba de coñecemento por cada acción formativa. Por cada xornada de formación de cinco horas o participante recibirá 13,45 euros e a Deputación entregará tamén un diploma de asistencia ao final deste período.

Despois da primeira fase de formación, desenvolverase unha segunda de experiencia laboral, na que a Deputación concederá axudas a empresas vinculadas cos anteriores sectores produtivos para que contraten durante 8 meses aos mozos e mozas que recibiron a formación, e poidan así adquirir experiencia laboral. O importe da axuda que recibirán as empresas será de 4.410€ por cada persoa contratada. Os traballadores e traballadoras percibirán como mínimo 900€ ao mes. Ademais, a aqueles participantes no programa que decidan emprender, a Deputación concederalles unha axuda de 5.510€ para poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

Os concellos beneficiarios deste plan de emprego representan o 82 % de toda a provincia. Son os seguintes: Carballedo, Taboada, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Chantada, Paradela, Samos, Triacastela, Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, O Incio, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Rábade, Castro de Rei, Meira, Pol, Riotorto, Láncara, Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Xermade, Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Cervo, Ourol, O Vicedo, Xove, Barreiros, A Pontenova, Trabada, Abadín, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e O Courel.

ÚLTIMAS

Un cento de persoas reflexionan en Monforte sobre o avance dos discursos de odio e as súas consecuencias na sociedade

A actividade contou coa participación de Adrián Gómez Martínez, mestre de Educación Primaria e...

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...