HomeEconomíaMáis de 15.500 euros para a conciliación de autónomos en Lemos

Máis de 15.500 euros para a conciliación de autónomos en Lemos

As últimas convocatorias para a conciliación de autónomos beneficiaron con máis de 15.500 euros ás familias da Comarca de Lemos. Cabe destacar que percibiron esta axuda todos os traballadores por conta propia que as solicitaron e cumprían os requisitos.

Publicado o

- Advertisement -

Os Orzamentos da Xunta para o ano 2020 recollen unha partida de 1,5 millóns de euros destinada a axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma. A orde foi publicada no DOG este mesmo luns e o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de setembro de 2020.

A deputada autonómica Raquel Arias visitou en Currelos, no Concello do Saviñao, xunto co alcalde Carlos Armesto, a unha muller perceptora destas subvencións, Sonia García, que grazas a esta subvención, conta cun novo empregado para ampliar as súas posibilidades de conciliación. De feito esta axuda, denominada Bono Concilia, facilítalle ao autónomo a contratación dun traballador por un tempo máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento. Os traballadores por conta propia poden recibir 500 euros mensuais, cun importe máximo de 6.000 euros.

Os beneficiarios do Bono Concilia tamén dispoñen doutra axuda, un apoio adicional de ata 3.000 euros para financiar o 75% do custo dunha escola infantil durante o primeiro ano. Paralelamente hai que ter en conta que dende o 1 de abril todas as escolas infantís serán gratuítas a partir do segundo fillo e para todas as familias, tamén os autónomos. No caso das escolas infantís municipais, a gratuidade implantarase a partir do curso 2020/2021.

A Xunta, coa Estratexia do Autónomo 2020 vén de abrir novas convocatorias de axudas valoradas en 24,5 millóns de euros para impulsar a creación de emprego autónomo e contribuír a que os traballadores por conta propia consoliden os seus negocios, faciliten a creación de novo emprego e concilien a vida familiar e laboral. En total, agárdase beneficiar a máis de 7.000 autónomos e traballadores e preto de 545 empresas.

Entre as iniciativas que se poñen en marcha por primeira vez destaca o Bono Nova Oportunidade, que conta cun orzamento dun millón de euros, e que permite aos autónomos recuperar iniciativas que non lograron saír adiante para continuar co emprendemento. Tamén se engade o Bono Renova, igualmente dotado cun millón de euros, que facilita a transmisión xeracional dos negocios.

ÚLTIMAS

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro...

Tomé asegura que manterá conxeladas as taxas, agás auga e saneamento que subirá un 3%

Este luns, 27, de outubro, lévase ao pleno do Concello de Monforte a proposta...