HomeEconomía1.000 euros para gastar en 60 minutos nos comercios de Sarria

1.000 euros para gastar en 60 minutos nos comercios de Sarria

A campaña da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria desenvoverase durante un mes desde este luns día 6.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta primeira campaña de dinamización tras a declaración do estado de alarma pretende premiar aos consumidores habituais do comercio da vila, que nestes momentos seguen apoiando ao comercio local. O premio, MIL EUROS para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos.         

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila dende o luns día 6 ata 5 de agosto, é decir, ao longo dun mes, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria.

As compras nos comercios adheridos á campaña, farán que unha persoa sexa a gañadora de MIL EUROS para gastar ao seu antoxo en SESENTA MINUTOS, de acordo coas bases da promoción.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...