HomeEconomíaAxudas en Folgoso do Courel para transporte e material escolar

Axudas en Folgoso do Courel para transporte e material escolar

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2020 no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 09:00 a 14:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As axudas para transporte están destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudan fóra do termo municipal durante o curso 2020/2021 coa finalidade de axudar na súa formación durante a etapa educativa de Bacharelato, Formación Profesional ou Universitaria, 

As axudas serán como máximo de 200 euros por cada solicitante. O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.

O Concello de Folgoso do Courel convoca ademais as axudas para a adquisición de material escolar de alumnas/os de Educación Primaria e Secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel e para os alumnas/os de Educación Infantil (2º ciclo).

Primaria e secundaria. As axudas serán como máximo de 50 euros por cada fillo que estea a cursar estudos de educación primaria e secundaria no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2020-2021.

Infantil. As axudas serán como máximo de 150 euros por cada fillo que estea a cursar estudos de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2020-2021.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...