HomeEconomía'Días azuis' para aproveitar no comercio local

‘Días azuis’ para aproveitar no comercio local

A Federación Galega de Comercio, Abanca e a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, colaboran para reforzar o comercio local de Galicia coa quinta edición da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña desenvolverase entre o 14 e o 30 de setembro, coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións de empresas e comercios de Galicia. No caso do sur de Lugo participan o CCU de Monforte, o Centro Comercial Urbano de Sarria -ACES-, a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra e a Asociación Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montaña do Courel na Comarca de Quiroga.

Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Participar é tan sinxelo como rexistrar a compra realizada na páxina desta nova campaña diasazuis.com ou solicitar ó comerciante que faga o rexistro.

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...