HomeEconomíaPlan de axudas crise Covid para autónomos e empresarios de Quiroga

Plan de axudas crise Covid para autónomos e empresarios de Quiroga

Este primeiro plan consistirá en non cobrar o recibo de auga, lixo... deste primeiro trimestre do ano 2021 ás empresas e autónomos que tiveron os seus negocios pechados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Quiroga pon en marcha o I Plan de Axudas ás persoas traballadoras autónomas e empresarios de Quiroga afectados pola crise da COVID-19 e que tiveron que pechar os seus negocios e empresas con motivo das medidas que entraron en vigor o día 27 de xaneiro.

Este primeiro plan será para non cobrar o recibo de auga, lixo… deste primeiro trimestre do ano 2021 ás empresas e autónomos que tiveron os seus negocios pechados. A medida que se vaian pronunciando as actuacións que van levar a cabo as demais administracións:  Xunta, Deputación e resto de concellos, o concello de Quiroga elaborará o seu II plan  de axudas, para non solapar axudas. 

Os interesados en acollerse a este plan deben poñerse en contacto co concello de Quiroga, dende o 1 ao 10 de marzo de 2021, mediante unha chamada telefónica ó número 982428001, nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do concello de Quiroga:  https://concellodequiroga.sedelectronica.es  presentando unha solicitude xenérica. 

Tamén se vai aplicar unha axuda aos vendedores de venda ambulante e polbeiras que habitualmente veñen á Feira de mercado os días 10 e 27 de cada mes.  Na feira do día 27 de febreiro, e do 10 e 27 de marzo non se van cobrar estas taxas. 

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno recibe na Coruña á Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu esta semana á Asociación de...

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...