HomeEconomíaQueres traballar en Monforte?

Queres traballar en Monforte?

O concello de Monforte ofrece 4 postos de traballo a través do programa Depuemprego: oficial de xardín, oficial electricista e auxiliar administrativo/a.

Publicado o

- Advertisement -

Para concorrer a estes postos de traballo é preciso estar inscrito no INEM como demandante de emprego. O prazo para solicitar calquera destes postos remata o próximo 28 de agosto. Os postos son:

  • 2 postos de oficial de xardíns
  • 1 auxiliar administrativo/a
  • 1 oficial electricistas

O concello levará a cabo os procesos de selección dos candidatos despois do día 28. Para máis información poden consultar o BOP ou as bases na web do concello ou no banner de emprego da páxina web da Deputación.

Segundo apuntan desde a propia Deputación, no último ano o Goberno Provincial creou co Depuemprego máis 308 postos de traballo en 66 municipios cun investimento de 3 millóns e medio de euros, o que demostra a súa aposta pola creación de emprego na provincia.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...