InicioEconomíaAxudas de rehabilitación enerxética de vivenda que poderán cubrir ata o 100%...

Axudas de rehabilitación enerxética de vivenda que poderán cubrir ata o 100% do custo

As actuacións de rehabilitación enerxética previstas contémplanse para edificacións que se localicen en municipios de menos de 5.000 habitantes ou de menos de 20.000 sempre que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000. As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta anunciaba estes días que a partires do 3 de xaneiro poderían solicitarse axudas de rehabilitación enerxética para vivendas. Unha convocatoria que ten como punto de partida unha resolución de novembro pola que se convocaba o programa que conta cunha dotación total de 3,8 millóns de euros de fondos europeos —Unión Europea-NextGenerationEU–.

É a primeira das liñas financiadas con fondos europeos que convocará a Xunta por primeira vez este ano, coa finalidade de contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa europea mediante a execución de actuacións en edificios existentes que favorezan a redución do seu consumo final e das emisións de CO2 mediante o aforro de enerxía, a mellora da eficiencia e o aproveitamento das fontes renovables.

SOBRE QUE INMOBLES RECAEN AS ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES?

As actuacións subvencionables realizaranse en edificacións localizadas en municipios de reto demográfico, o chamado PREE 5000. Para entendernos, municipios de menos de 5.000 habitantes ou en concellos non urbanos de menos de 20.000 sempre que ningún dos seus núcleos de poboación supere os 5.000 veciños. Os inmobles deberán terse construído antes de 2007 e poderán ser vivendas unifamiliares, edificios de tipoloxía residencial colectiva ou vivendas dun edificio consideradas individualmente.

BENEFICIARIOS/AS E ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Así, as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada así como ás comunidades ou agrupacións de comunidades de propietarios que sexan titulares de inmobles nos que se vaian acometer as actuacións subvencionables poderán beneficiarse desta liña de incentivos.

Respecto das actuacións subvencionables, os traballos a executar deberán encadrarse nunha ou en varias das seguintes tipoloxías: mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica; mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

Neste sentido, as actuacións que subvencione o Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do PREE 5000 deberán conseguir unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación actual do edificio e, ademais, mellorar a cualificación enerxética total do inmoble en, polo menos, unha letra. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter xa unha cualificación A.

IMPORTES DAS AXUDAS

As axudas non terán unha contía fixa, partindo dun mínimo equivalente ao 20% dos custos elixibles e podendo chegar ata o 100% do custo das obras subvencionables, sempre que estas cumpran con todos os criterios establecidos para obter unha axuda adicional. Así, o importe concreto variará tendo en conta o tipo de actuación, o inmoble obxecto da rehabilitación ou os obxectivos de eficiencia enerxética acadados tras a reforma.

En todo caso, a subvención concedida será o resultado de sumar a axuda base –que oscilará entre un 20% e un 50% dos custos elixibles– e a axuda adicional que corresponda en cada caso en función do cumprimento dunha serie de criterios sociais –por exemplo, que o edificio estea baixo algún réxime de protección pública–, de eficiencia enerxética –cando o inmoble obteña unha cualificación A, B ou incremente en dúas letras a súa situación de partida– e se é ou non unha actuación que inclúa obras correspondentes a dúas ou máis tipoloxías.

ANTECEDENTES

O pasado 4 de agosto de 2021 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións que se outorgarán a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...