HomeMedio ambiente e PatrimonioRecurso dos ecoloxistas contra o parque eólico da Serra do Oribio

Recurso dos ecoloxistas contra o parque eólico da Serra do Oribio

As entidades ecoloxistas ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e a SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) anuncian que presentarán recurso contra a resolución da aprobación definitiva do parque eólico Serra do Oribio, entre os concellos lucenses de Samos e Triacastela.

Publicado o

- Advertisement -

O DOG do 14 de agosto publica a resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 27 de xuño, que supón a aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Serra do Oribio, así como das disposicións normativas no mencionado proxecto. ADEGA e SGO anuncian que interpoñerán os recursos que procedan contra esta resolución e que “loitarán a través de todos os leitos legais dispoñibles para frear este proxecto eólico que atenta contra un dous espazos naturais protexidos máis relevantes do país”.

As formacións ecoloxistas dan as seguintes razóns para impedir a execución deste parque:

  • Os novos parques eólicos están prohibidos en zonas de especial conservación (ZEC) e de especial valor natural (ZEVN).
  • A declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto é fraudulenta e obsoleta, aseguran que “se saltaron varios procedementos legais”
  • Póñense en risco especies en perigo de extinción como o oso pardo ou o aguia real e outras especies ameazadas
  • Non se avaliaron os impactos acumulativos e sinérxicos do proxecto no seu conxunto
  • O cambio de trazado dos accesos ao parque carece de autorización e foi ocultado do trámite de modificación do proxecto sectorial
  • Inasumible impacto paisaxístico e sobre o BIC do Camiño Francés, consideran que se destruirá parte do camiño real que antigamente unía Galicia coa meseta e será “incompatible” coa futura declaración da zona como Reserva da Biosfera.

Segundo ADEGA e a SGO, ao anterior súmase que a empresa responsable das obras iniciou os traballos sen autorización da Xunta e sen licenza municipal e culpan á Xunta de “opacidade na tramitación da modificación do proxecto” e “dificultades no acceso á información pública” sobre o mesmo.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...