HomeMedio ambiente e PatrimonioNova cartelería icónica no Xeoparque Montañas do Courel

Nova cartelería icónica no Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel vén de instalar tres carteis en puntos estratéxicos co obxectivo de convertelos na imaxe icónica do conxunto.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, pretende sumarse á tendencia de moitas cidades e enclaves turísticos que fan das letras co seu nome un símbolo e un recurso turístico en si mesmo, de xeito que os visitantes difunden fotografías nas redes sociais que deixan constancia do lugar onde se atopan.

O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura e Turismo, achegou 16.000 euros -o 65% do orzamento- a este proxecto que promoveron os concellos do xeoparque: Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

Un dos carteis atópase no miradoiro de Campodola, co famoso pregamento xeolóxico de fondo. O sinclinal deitado da Serra do Courel é lugar de interese xeolóxico español de relevancia internacional en catro emprazamentos distintos do territorio: Folgoso, Vilamor, Froxán e o citado de Campodola. Ademais o punto deste sinclinal deitado emprazado entre as aldeas de Leixazós e Campodola (coñecido popularmente como pregamento de Campodola-Leixazós) foi declarado Monumento Natural de Galicia no 2012.

Os outros dous carteis están situados no punto de observación da Devesa da Rogueira, en Folgoso do Courel, e na praia fluvial de Ribas de Sil. Teñen unha dimensión de 2,5 metros de ancho e 1,3 de alto. Consiste nunha estrutura de madeira tratada que enmarca unha  prancha de aceiro cortén co logotipo troquelado, sobre a que se recortan letras do mesmo material coa distinción de “Xeoparque”.

O territorio Montañas do Courel é o escaparate perfecto para observar parte da historia xeolóxica do planeta Terra, concretamente o Paleozoico inferior e medio, e en menor medida tamén o final do terciario e do cuaternario. Igualmente, hai numerosos vestixios    paleontolóxicos, mineralóxicos, metamorfismo, glaciarismo, cavidades kársticas, paisaxe e patrimonio cultural.

O fío condutor da proposta do xeoparque radica na unión indisoluble dos humanos coa  xeoloxía, que permitiu a explotación dende a antigüidade de ouro, ferro, cal e, por suposto, a pizarra, materia prima para a construción dende o neolítico e motor económico do territorio ata a actualidade.

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...