Tralas pegadas do camiño de inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, organiza a segunda edición dos workshops internacionais de paisaxe que levan por título: Tralas pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra. A actividade desenvolverase do 2 ao 6 de marzo en Chantada.

Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra/A.C.I.R.S.

O Camiño de Inverno é a entrada natural a Galicia dende a meseta seguindo o leito do río Sil, un acceso xa usado polos romanos e utilizado polos peregrinos como alternativa ao coñecido Camiño Francés. Segundo os datos da Oficina do Peregrino, os peregrinos que chegaron a Santiago polo Camiño de Inverno foron 555 en 2017 e 703 no 2018. Este dato supón que unicamente o 0,18 % do camiñantes escollen este percorrido fronte a outras alternativas a pesar de non ter un territorio histórico consolidado, nin posuír albergues oficiais. O Camiño de Inverno destaca polas súas calidades paisaxísticas e culturais dado que percorre, no tramo galego: o Parque Natural da Enciña da Lastra, e a contorna natural do río Deza, e especialmente a Ribeira Sacra.

Tras o workshop celebrado no mes de setembro dedicado ao tramo Quiroga Monforte nesta segunda edición traballarase no tramo Monforte de Lemos- Chantada. O obxectivo é analizar as paisaxes e os patrimonios da Ribeira Sacra, e propoñer estratexias de delimitación, intervención, e desenvolvemento a partir dun traballo multidisciplinar con estudantes, expertos e profesionais de recoñecido prestixio, contando tamén cos axente locais.

O seminario está dirixido principalmente a enxeñeiros, arquitectos, paisaxistas, xeógrafos e outros profesionais que traballan ou teñan interese na posta en valor e a divulgación da cultura e os valores do medio rural. Así como, a aquelas persoas vinculadas ao territorio que traballen en turismo ou desenvolvemento rural.

O programa da actividade é o seguinte:

LUNS, 2 DE MARZO
  • 09:00 h – 09:30 h. Recepción e benvida.
  • 09:30 h – 10:00 h. Inauguración.
  • 10:00 h – 11.00 h.Rafael Sánchez Bargiela. Técnico de cultura, Concello de Tui.
       “O Camiño e a importancia dos procesos de participación”
  • 11:00 h- 11:30 h. Café
  • 11:30 h – 12:30 h.Ana Goy Diz. Catedrática de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo.
       “A importancia dos camiños históricos e do Camiño de Inverno na definición do valor universal excepcional da   Ribeira Sacra”
  • 12:30 h – 13:30 h. Rubén Camilo Lois González. Catedrático de Análise Xeográfica Rexional e Coordinador do Grupo ANTE – Análise Territorial da USC
       “O Camiño como fenómeno global”
  • 13.30 h – 14.30 h.Juan Mario Crecente Maseda. Dr. Arquitecto. Experto en turismo e patrimonio. Coordinador do Workshop.
       “Obxectivos e metodoloxía do Workshop”
  • 14:30 h – 15:30 h. Xantar
  • 16:00 h Traslado en autobús a Pantón.
  • 16:30 h Presentación da “Rota do Románico de Pantón”, por Flora Enríquez Rodríguez.
  • 17:00 h Tramo do Camiño de Inverno Reguengo – Arxeriz (6 km)
  • 18:30 h Visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz.
  • 19:30 h Visita a Adega Abadía da Cova.

MARTES, 3 DE MARZO

  • 9:30 h – 10:30 h.Isabel Aguirre de Urcola. Directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega
       “A Paisaxe do Camiño de Inverno na Ribeira Sacra“
  • 10:30 h – 11:30 h.Aida Menéndez Lorenzo. Presidenta da Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra
       “O Camiño de Inverno como Camiño Xacobeo”
  • 11:30 h – 12:00 h. Café
  • 12:00 h – 13:00 h.Javier Gómez Vila. Doutor en Xoegrafía e Historia.
       “As vías romanas e o Camiño de Inverno”
  • 13:00 h – 14:00 h.Alexandra Seara. Xerente do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra
    “Turismo e Camiño de Inverno na Ribeira Sacra”
  • 14:00 h – 15.30 h. Xantar
  • 16:00 h Tramo do Camiño de Inverno Diomondi- Codos de Belesar -Vía Romana (2,7 km), inclúe:
  • 16:00 h Obradoiro dos sentidos con Francisco Almuíña Chorén.
  • 17:30 h Obradoiro de esgrafiados con Carolina Sánchez Sáez.
  • 19:30 h Visita a Adega Vía Romana

MÉRCORES, 4 DE MARZO

  • 09:00 h – 14:00 h e 16:00 h – 20:00 h. Traballo en grupos
XOVES, 5 DE MARZO
  • 09:00 h – 14:00 h e 16:00 h – 20:00 h. Traballo en grupos
VENRES, 6 DE MARZO
  • 10:00 h – 13:00 h. Exposición de propostas dos grupos.
  • 13: 00 h -13:30 h. Clausura.
    Isaías Calvo de la Uz. Xerente de la S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

As persoas interesadas deberán inscribirse no formulario de inscrición antes do día 25 de febreiro de 2020. Máis información no email info@juanadevega.org e no teléfono 981.65.46.37.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here