HomeMedio ambiente e PatrimonioO Pazo de Tor prepárase para reabrir

O Pazo de Tor prepárase para reabrir

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, visitou esta semana o Pazo de Tor, onde se ultiman as normas a prol da saúde colectiva coas que se reabrirá o museo.

Publicado o

- Advertisement -

Maite Ferreiro contrastou co persoal da Rede Museística as medidas que se adoptarán para o control do aforo e a definición dos percorridos de cara a previr o contaxio da Covid-19, tanto en Tor coma nos outros tres museos da Rede Museística, que xa contan con dispensadores de xel hidroalcohólico, alfombras desinfectantes e sinalética para  marcar o distanciamento físico.

Maite Ferreiro referiuse á recente declaración do pazo como Ben de Interese Turístico Cultural (BIC) e subliñou “o obriga de protexer os elementos do noso patrimonio cultural e natural” . Nesa liña, expuxo o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa protección e conservación do pazo que, lembrou, “é un dos moitos valores que avala a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade”.

O Pazo de Tor, construído no século XVIII sobre vestixios ligados á linaxe dos Garza, está considerado como unha das mellores mostras de arquitectura dos pazos galegos. As habitacións, comedores e salóns, que conservan a distribución e estrutura orixinal, acollen tamén mobiliario, teas, vaixelas e obras artísticas que reflicten a decadencia da nobreza galega rebaixada á condición de fidalguía no devir da Idade Moderna.

A última propietaria do pazo, María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, doou á edificación e os terreos que a rodean á Deputación de Lugo no 1998. Tras unhas obras de acondicionamento e mellora, o pazo abriu as súas portas como museo o 13 de xullo de 2016. O ano pasado, o Pazo de Tor foi o museo da Rede Museística Provincial que máis medrou en número de visitantes.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...