HomeMedio ambiente e PatrimonioAdega oponse á nova ponte do Malecón de Monforte

Adega oponse á nova ponte do Malecón de Monforte

ADEGA cre que un plan integral de mobilidade sustentable concluirá que a ponte é innecesaria, e contribuirá na posta en valor das zonas verdes e a contorna do Cabe ao seu paso pola cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mércores, 2 de setembro, representantes de ADEGA mantiveron reunións ca alcaldía, co resto de representantes políticos de Monforte e finalizando a xornada cos membros da plataforma Salvemos O Malecón. O obxectivo destas reunións era coñecer de primeira man a postura do alcalde, e do resto de integrantes da corporación municipal ante o proxecto de construción dunha ponte no paseo do Malecón, que conta coa oposición de parte da veciñanza.

Todas as partes coincidiron na necesidade dun plan de mobilidade para a cidade. Dende ADEGA consideran fundamental a redacción dun Plan de Mobilidade sostible, obxectivo e rigoroso antes da construción de infraestruturas que afecten directamente ao tráfico. O alcalde indicou que se unha vez elaborado o plan de mobilidade, non se recomenda a construción da nova ponte, desbotaría a idea.

A nova ponte proxectada, substituiría a actual pasarela peonil, e estaría inspirada na antiga Ponte de Ferro que caeu no ano 1952. Os argumentos que xustifican a súa construción son a conexión do ambulatorio co hospital, ou a suposta mellora do tráfico de saída do centro de Monforte; argumentos que en todo caso consideran non son suficientes para a construción dunha infraestrutura con tal impacto ambiental, que “rompería a harmonía do parque do Malecón e provocaría un incremento innecesario do tráfico na cidade. Cuestionamos esta necesidade de conectar o ambulatorio co hospital, ademais consideramos prioritario o estudo de vías alternativas para o tráfico, de xeito que a cidade fora deseñada para as persoas, e non para os vehículos.”

Outro dos temas tratados foi o estado do Río Cabe, actualmente nunha situación moi preocupante xa que o actual sistema de depuración non ten capacidade suficiente para tratar as augas residuais, que acaban vertidas no río directamente. Desde Adega valoran positivamente que a Confederación Hidrográfica Miño Sil e o Concello monfortino estean a traballar conxuntamente para o necesario saneamento integral do río Cabe.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...