HomeMedio ambiente e PatrimonioUn lume en Quiroga arrasa 20 hectáreas en poucas horas

Un lume en Quiroga arrasa 20 hectáreas en poucas horas

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal que permanece activo no municipio lucense de Quiroga. As chamas levan arrasadas máis de 20 hectáreas.

O lume comezou ao redor da medianoite na parroquia de Hospital e, segundo as primeiras estimacións, as hectáreas queimadas xa son máis dunha vintena.

Na extinción deste incendio traballaron ata o momento cinco axentes, 11 brigadas, sete motobombas e unha pa. Medio Rural espera a incorporación de medios aéreos ao longo da mañá deste venres.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...