HomeMedio ambiente e PatrimonioA Pobra do Brollón, O Incio, Sober e Ribas de Sil...

A Pobra do Brollón, O Incio, Sober e Ribas de Sil melloran a xestión de residuos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destina 457.000 euros a mellorar a xestión de residuos en 19 municipios lucenses, mediante achegas destinadas á habilitación de puntos limpos móbiles ou espazos de autorreparación, o fomento da compostaxe e a implantación da recollida separada da fracción orgánica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

212.475 euros serán investidos en accións que posibiliten a compostaxe in situ dos biorresiduos, ben en proxectos domésticos nas vivendas que dispoñan de terreo para elo, ou ben en zonas postas a disposición polas entidades locais para o tratamento comunitario dos biorresiduos. Esta foi a medida máis demandada, que porán en marcha na zona sur da provincia, A Pobra de Brollón.

Outros 168.500 euros servirán para habilitar puntos limpos móbiles nos municipios do Incio, O Vicedo, Sober, Ribas de Sil e Castro de Rei. Pode tratarse de remolques e contedores metálicos, camión con caixa e chasis, furgoneta adaptada e modelos similares, e deberán ter diferentes compartimentos para a recollida de residuos como aceites vexetais usados, téxtiles, restos voluminosos ou medicamentos, entre outros.

A situación extraordinaria provocada pola pandemia levou á Consellería a ampliar o prazo de execución e de xustificación das axudas ata o 30 de decembro, polo que moitos concellos están traballando neste último tramo do ano na incorporación destas medidas.

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...