HomeCulturaO novo episodio de Adegas da Memoria indaga nas datacións dos socalcos...

O novo episodio de Adegas da Memoria indaga nas datacións dos socalcos da Ribeira Sacra

Unha semana despois da presentación dos resultados das primeiras datacións das terrazas da Ribeira Sacra no marco do proxecto Adegas da Memoria, a webserie de título homónimo estrea un novo episodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O capítulo de Adegas da Memoria, “Os Pataos”, estréase este mércores, 7 de abril, e céntrase nas terrazas vitivinícolas, ou pataos, como se coñecen na ribeira de Vilachá.

A investigación desenvolvida polo Incipit-CSIC e financiada pola Consellería de Cultura a partir de mostras da ribeira de Vilachá de Salvadur na Pobra do Brollón datou os socalcos no século X. Este estudo, xunto coas escavacións no lugar dos Conventos, achegaron as primeiras evidencias científicas da orixe da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, reforzando a súa singularidade.

O novo episodio de Adegas da Memoria ofrece as visións de viticultores de Vilachá e as valoracións do director do Incipit-CSIC, Felipe Criado-Boado, cunha coda da poeta guímara Olga Novo, a ‘voz da Ribeira’ desta webserie producida por Nas Beiras e dirixida por Xosé Gago e Iago Seoane.

O proxecto Adegas da Memoria e a súa webserie homónima afondan en tres aspectos: ‘A Humanidade do Patrimonio’ que dá voz aos veciños e veciñas de Vilachá; ‘Os Conventos’, sobre a investigación arqueolóxica no lugar dun mosteiro medieval, e a tempada actualmente en emisión, ‘Os Pataos’.

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...