HomeMedio ambiente e PatrimonioChegan as bágoas de San Lourenzo en todo o seu explendor

Chegan as bágoas de San Lourenzo en todo o seu explendor

A noite do 12 ó 13 de agosto é o mellor momento para gozar deste espectáculo

Publicado o

- Advertisement -

As perseidas ou bágoas de San Lourenzo (este nome ven derivado da súa proximidade no tempo ca celebración da festividade) son a chuvia de estrelas máis esperadas do ano, non só porque son das máis activas, senón porque ó producirse en agosto, que é cando máis xente está de vacacións, fan da chuvia de estrelas, unha noite de verán especial.

O que sucede cada ano a mediados de agosto é co noso planeta atravesa un rastro de polbo e roca deixado polo cometa Swift-Tuttle. Durante varias noites, estes pequenos anacos de cometa baten contra a Terra a máis de 200.000 quilómetros por hora e producen unha choiva de meteoros que se desintegran uns 100 quilómetros antes de petar ca superficie terrestre.

No 2018,a data perfecta para gozar deste espectáculo natural de choiva de estrelas, é a noite do 12 ó 13 de agosto, pois a Lúa Nova do 11 de agosto garantiza unha escuridade no ceo ideal para poder velas. Dende Instituto Nacional de Xeografía recomendan ir a un lugar escuro onde non haxa árbores, nin edificios nin montañas que obstaculicen a vista. De igual xeito, tampouco aconsellan usar instrumentos ópticos para non reducir o campo de visión. O único que hai que facer para gozar das bágoas de San Lourenzo é tombarse e esperar a que a vista se adapte a escuridade para velas en todo o seu esplendor.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...