HomeMedio ambiente e Patrimonio“Ás mulleres non lles tira para atrás coller o todoterreo e botarse...

“Ás mulleres non lles tira para atrás coller o todoterreo e botarse ao monte”, Luis Carlos Martínez, secretario de Guímaro Motor

O Clube Guímaro Motor naceu hai 10 anos no concello da Pobra do Brollón e desde entón, cada ano, celebran unha xornada de recollida de lixo nos montes da Pobra, actividade á que denominan Xornada Verde. Falamos co secretario, Luis Carlos Martínez.

Publicado o

- Advertisement -

Como foi a última recollida, que botín atopastes?

Sorprendentemente de todo, coma todos os anos, neveiras, mobles, caixas, roupa,… é incrible o que a xente é capaz de tirar ao monte.

Onde fixestes a recollida e que se fai con eses residuos?

Nesta ocasión cetrámonos, sobre todo na contorna de Salcedo e Saa. Recollemos ata 6 remolques de porquería. Os coches, os remolques, o persoal é noso e todo o recollido despositámolo no punto limpo da Pobra.

Recollida de lixo no monte / Guímaro Motor

Facedes esto desde que se creou o clube, por que?

Porque o monte é para vivilo e coidalo. Nós saímos periódicamente a gozalo e temos a posibilidade de ver o que outros non ven, por iso decidimos adicar algo do noso tempo a acabar con estes vertedoiros incontrolados que a todos nos fai mal ver. A actividade comezou chamándose xornada Guímara e incluía unha ruta, agora é xornada verde.

A xente segue tirando cousas ao monte como hai anos ou vaise vendo que hai maior conciencia?

Nos últimos anos vaise vendo que pouco a pouco hai menos vertedoiros incontrolados e menos lixo tirado de calquera maneira, pero sigue habendo moito. Como a alguén se lle ocurre tirar unha neveira no monte? non se concibe.

Recollida de lixo no monte / Guímaro Motor

Esta fin de semana 15 voluntarios de Guímaro Motor saistes ao monte a facer un traballo importantísimo, cantos socios sodes no clube, hai mulleres?

Somos ao redor dun cento de persoas, principalmente da Pobra do Brollón e contorna, hai moitos socios da comarca de Sarria e xente de toda Galicia, incluso socios de Barcelona e Madrid que cando veñen aproveitan e saen ao monte con nós. E si hai mulleres, ás veces o socio é a parella, pero quen conduce é a muller, hoxe non lles tira para atrás coller o todo terreo e botarse ao monte.

O 17 deste mes tedes asamblea anual, para que se utilizan estas xuntanzas?

Faise balance do feito, vense as contas e plantexas cousas para a nova tempada. A nosa tempada comeza agora, cando non hai perigo de incendios é cando podemos saír ao monte. Así que desde agora ata xuño é cando collemos os quads, as motos, os ATV, os todoterreo e para o monte. Facemos rutas clásicas como A Pobra – O Cebreiro sen tocar asfalto ou marchas de 48 horas como a ruta Guímaro-Astur, que nos leva ata Somiedo. Pola contorna adoitamos facer rutas circulares que comezan e rematan na Pobra.

Luis Carlos Martínez, secretario Guímaro Motor

E fóra da tempada na que podedes saír ao monte, no verán, que facedes?

Principalmente colaborar noutras actividades que requiran do que nós temos, por exemplo, colaboramos, desde sempre, con Prodeme na organización dos Special Olympics.

Se alguén quere sumarse ao voso clube, que ten que facer?

Inscribirse e pagar a cuota anual, que é mínima. Ía dicir tamén ter un vehículo para saír ao monte, pero hai xente que está no clube e ven con nós sen ter vehículo. Poden contactar co Presidente, Gonzalo Vega, chamando ao 636 74 92 22.

Guímaro Motor

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...