InicioMedio ambiente e PatrimonioKepa Junquera ensalza o entroido máis tradicional da Ribeira Sacra en Mar...

Kepa Junquera ensalza o entroido máis tradicional da Ribeira Sacra en Mar de Terra

O filme documental dirixido polo ourensán, José Antonio Blanco, abría este xoves, día 29, a edición 2018 do OUFF, Festival de Cine de Ourense. Para o acto inaugural contouse coas figuras protagonistas dos diferentes entroidos de Ourense e do sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Kepa Junquera, músico, compositor e artista vasco sempre tivo unha importante vinculación coa tradición. A música tradicional é unha constante na súa vida e agora amplía o seu achegamento ás tradicións co entroido, e para elo escolleu o entroido galego como motivo. En Mar de Terra, Kepa Junquera propónnos unha viaxe, en primeira persoa, polos entroidos máis tradicionais de Galicia: Verín, Laza, Xinzo, Salcedo (A Pobra do Brollón), Viana do Bolo e Santiago de Arriba (Chantada).

O fime documental rodouse no entroido deste 2018,  non ten guión e conta con música do compositor vasco. Mar de Terra é unha das primeiras incursións de Kepa Junkera diante da cámara. O músico levanos por estes entroidos e traslada ao espectador á propia festa, incluso chegou a poñerse na pel do oso de Salcedo.

Kepa Junquera cos protagonistas do entroido galego / OUFF

Ademais dos entroidos de Ourense, hai dous entroidos fundamentais na provincia de Lugo, os dous na Ribeira Sacra. O Oso de Salcedo sae cada luns de entroido da súa cova e acompañado dos seus criados achégase á aldea a tiznar aos veciños. De todos cantos acoden a ver esta festa ancestral ninguén se libra das fauces do oso. Caras, corpo e roupas acaban totalmemte embarradas cunha mestura de cinsa e agua.

A outra cita obrigada na Ribeira Sacra durante o entroido é en Santiago de Arriba co Entroido Ribeirao, unha celebración rural de culto á fertilidade. Aquí os protagonistas son os Maragatos, seres cubertos con peles, osamentas e cornamenta animal que levan un látigo que usan sempre que poden, protexendo aos Volantes, nenos e mozos que danzan para que soen as campás que levan á cintura; moitos levan caretas artesanais que pasan de pais a fillos. A figura central deste entroido é o Pucho, un tocado dun metro de altura, feito de cintas de cores, frores e unha boneca. O pucho danza polos por los camiños para invocar a abundancia e fertilidade da terra.

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...