HomesociedadeManuel Valcárcel, o fotógrafo monfortino que percorre o mundo buscando a súa...

Manuel Valcárcel, o fotógrafo monfortino que percorre o mundo buscando a súa esencia coa cámara

Publicado o

- Advertisement -

Manuel Valcárcel  é un fotógrafo monfortino que leva máis de 20 anos cunha cámara na man tomando instantáneas por todo o mundo. Como outros moitos, decidiu que a súa afección se convertera no seu xeito de vida, nos que combina a toma de instantáneas coas viaxes ó redor do mundo. Con 18 anos, e mentres os seus amigos se adicaban a xogar a fútbol en equipos locais, el decidiu que prefería o montañismo. Así, mesturando as súas dúas grandes paixóns, converteuse en fotógrafo documental.

Os comezos, como os doutros moitos, non foron sinxelos. Ao principio sacáballe fotos ós seus amigos a cambio de que eles pagasen os carretes e o relevado pero pouco a pouco, e tras formalizar os estudos de deseño e fotografía en Lugo, deixou de lado este xeito de traballar para profesionalizarse.

Como comezache a adicarte á fotografía de xeito profesional?

Comecei traballando como fotógrafo nunha axencia de modelos. Pero pronto me din conta de que iso non era o meu. Estar sempre a facer o mesmo con xente ao final facía que non gozara da miña profesión.

Así que decidín facerme freelance e percorrer o mundo buscando instantáneas cheas de mensaxe. Nese aspecto considérome un auténtico afortunado. Si que é certo que da experiencia sempre se aprende, como foi fotografar xente nunha paisaxe logo de traballar no mundo da modelaxe, pero ao final a natureza é a miña vida.

Consideras que está valorada a arte?

Eu creo que o problema de hoxe en día é que a o intrusismo laboral é feroz. Hoxe en día, coas redes sociais, calquera se considera fotógrafo ou xornalista porque apertar un botón e escribir facémolo todos. E iso non é así. Os que nos adicamos a profesións como a miña temos uns gastos considerables detrás como son equipos ou viaxes. Eu sempre digo que os que primeiramente infravaloramos o noso traballo somos nós non cobrándoo como se merece.

Actualmente a túa exposición “Auga. O sangue da terra” está na Lonxa do Porto de Fisterra. Que nos podes dicir dela?

Pois que comecei a facela no 2007 e en principio estaba destinada aos centros educativos para concienciar ós cativos da importancia da auga e das súas formas.

Como está composta?

Está formada por 3 bloques. O primeiro “Os estados da auga” recolle instantáneas tomadas en Nova Celandia e Galicia, co río Lor como protagonista, que plasman os pasos da auga en estado sólido a líquido e, ao mesmo tempo, os engarces entre a montaña e o mar.

O segundo bloque, “A auga e a vida” está composto por imaxes de dous lugares do continente asiático. Un deles é Varanasi, na India, por onde pasa o río Ganges, que é parte da vida espiritual dos hindús e é destino sacro de peregrinación. O segundo lugar é Longshen Guilin, na China, onde o manexo da auga por parte do ser humano determinou a paisaxe. As ladeiras reconstruíronse con terrazas nas que se cultiva o arroz.

“Vivindo na escaseza” é o último bloque que trata sobre a escaseza e ausencia de auga. Inclúe imaxes de Malí e os seus pescadores bozo, quen, aproveitando a época seca, recollen todo o peixe que poden no río Níxer para despois vendelo. A escaseza de auga tamén se ilustra con imaxes do deserto de Atacama, onde a seca deu lugar a unha paisaxe lunar.

Imaxe da exposición de Auga.O sangue da terra/GC

En que proxectos futuros estás traballando?

Estou preparando unha serie para MediaPro, acabo de chegar de Palestina e en novembro marcho para Birmania por este motivo.

Tamén estou traballando para a elaboración do proxecto do Xacobeo 2021 coa composición 5 peregrinacións no mundo e finalmente, estou facendo un proxecto para a fundación Abanca.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...